'As fabas máxicas' agroman entre os cativos no Teatro Principal

Pontevedra
22 de febreiro 2015

Unha vez máis, o Teatro Principal acolleu unha gran entrada de público adulto e infantil para asistir a unha nova sesión de Domingos do Principa. A compañía Caramuxo Teatro ofreceu unha versión do conto das fabas máxicas

Galería de fotos de As Fabas Máxicas en Domingos do Principal Diego Torrado

Numeroso público asistiu durante este domingo as sesións que a compañía Caramuxo Teatro escenificou do conto infantil 'As fabas máxicas' dentro do ciclo teatral Domingos do Principal.

O espectáculo conta a historia de Xan que vive nun pequeno apartamento dun dos edificios máis altos de Nova York. O personaxe coida as plantas da súa terraza e descobre algo sorprendente, que lle lembra unha asombrosa infancia chea de aventuras.

Deste xeito, o coñecido conto infantil tradicional é adaptado a unha visión contemporánea que esperta a diversión entre adultos e rapaces combinando teatro de actor e monicreques.

O ciclo de Domingos do Principal rematará o vindeiro domingo 1 de marzo coa representación de Pulgarcito, a cargo da compañía Teatro Paraíso.