Non deixan de xurdir iniciativas desde o ámbito cultural para que, a través de internet, quede constancia de que o mundo artístico se mantén activo a pesar do confinamento.
Desta forma, a asociación sen ánimo de lucro de Pontevedra O Galpón LAB decidiu combater o "peche" con arte e cultura, tal e como se promove desde o movemento #NonNosCanceles. E así vai desenvolver este vindeiro sábado 11 ás 18.30 horas un acontecemento en directo a través da rede social Instagram denominada 'Galpón Market'.
A proposta consistirá en que desde o perfil de Instagram de O Galpón LAB contactarase con 6 #artistasEmerxentes, que aínda se manteñen sen desvelar. De maneira individual, cada artista irá mostrando desde as súas casas as obras nas que traballan ou os seus proxectos e tamén contarán a súa experiencia persoal en relación con esta situación de corentena.
Para participar cunha marca, as persoas interesadas terán que enviar unha mensaxe directa ás redes sociais de O Galpón LAB ou ao correo electrónico info@galponlab.com antes do xoves 9 de abril.