'Alí onde nacen as estrelas': viaxa polo universo visual do debuxante José Malvárez Carleos

Pontevedra
06 de xaneiro 2020
Actualizado: 14 de marzo

Nova historia gráfica para gozar a partir deste luns, día de Reis. O autor José Malvárez Carleso agasállanos cunha nova aventura na que unha moza astronauta viaxa polo espazo na procura da orixe das historias de fantasía pero vai atoparse con algo que pode chegar a significar a súa desaparición

'Alí onde nacen as estrelas', de José Malvárez Carleos
'Alí onde nacen as estrelas', de José Malvárez Carleos / José Malvárez Carleos

Nova historia gráfica para gozar a partir deste luns, día de Reis. O autor José Malvárez Carleso agasállanos cunha nova aventura na que unha moza astronauta viaxa polo espazo na procura da orixe das historias de fantasía pero vai atoparse con algo que pode chegar a significar a súa desaparición.

Cada día en PontevedraViva irá publicándose unha páxina desta obra que leva por título 'Alí onde nacen as estrelas' e que establece unha proposta entre a ciencia ficción e o humor máis sutil.

JOSÉ MALVÁREZ CARLEOS

O ilustrador coruñés formouse en Pontevedra, na escola de creadores gráficos de Kiko da Silva, O Garaxe Hermético. O seu obxectivo é manter unha continua actividade creativa e o máis destacado do seu amplo traballo artístico pode lerse a través de www.piuley.es.

Cada día publica unha páxina das súas creacións en PontevedraViva, onde podes seguir a súa evolución gráfica e argumental. Ata o momento ten publicado os siguientes títulos neste periódico dixital: 'Ela e máis el''Soñadores'; 'Reverso'; 'La Posada de las Historias''Narrador''Pura ficción''Viaxe en tren'; a historia curta, 'O hórreo''Viaxes entre viñetas''Escuridade''100 Historias''§''Diante dos teus ollos' e 'Scripta'.

Con motivo da celebración do Festival de Banda Deseñada Viñetas desde o Atlántico 2019 publicou en formato físico e dixital a través de Amazon o primeiro volume das historias de 'Narrador', que se pode adquirir a través desta ligazón.

Ademais, en novembro de 2019 José Malvárez publicaba en papel o segundo número de Biblioteca Piuley, 'Soñadores', a historia da artista que se pode adquirir nesta ligazón: https://www.amazon.es/Soñadores-Biblioteca-Piuley-Malvárez-Carleos/dp/1686204337/ . Ao longo de 2020, o autor proxecta publicar a edición en papel dos cómics en lingua galega para posteriormente presentalos en diversas feiras.