Pontevedra Viva!

Xabier Pérez Igrexas

Dende o ano 2003 colabora como columnista e articulista de opinión en diferentes medios de comunicación. Publicou e publica en medios de comunicación galegos  (A Peneira, A Nosa Terra, Vieiros, GZ Nación, Avantar, 20 minutos Vigo...) e doutras partes do estado (Rebelión, Libre Red, Aporrea, El Debat, Diario Directo, El Plural, Otra Realidad, El Inconformista Digital...). ÿ columnista no xornal De Luns a Venres, así como nos dixitais Sermos Galiza, Galicia-Hoxe (Grupo El Correo Gallego), Galiciaé (Grupo El Progreso), Galicia Confidencial, Val Minor.info, Terra e Tempo, Crónica 3 e Mundo Galiza entre outras publicacións.

Ademáis desde 2005 é autor do blogue Contradiscurso (www.contradiscurso.net)

Foi Secretario Xeral dos Comités Abertos de Estudantes (hoxe organización fusionada cos CAF nos Comités) e membro da Dirección Nacional de Galiza Nova. Formou parte así mesmo do Consello Local e do Consello Comarcal do BNG de Vigo. Participou en diferentes movementos sociais (veciñal...), foros (Foro Galego de Solidariedade coa Revolución Cubana...), e plataformas (Nunca Máis, Mocidade Galega pola Paz...).

Actualmente é Secretario da Federación de Asociacións Veciñais de Vigo "Eduardo Chao", membro da Dirección Comarcal confederal da CIG de Vigo, e da Executiva Comarcal de Vigo e máis do Consello Nacional da súa Federación de Banca, Aforro, Seguros, Oficinas e Telemárketing.

www.contradiscurso.net | @contradiscurso