Moraña renova o convenio con AFAPO para os cursos de memoria e envellecemento activo das persoas maiores
Por Redacción
As persoas maiores de Moraña poderán asistir durante o vindeiro ano dos cursos de memoria de envellemento activo despois de que o Concello renovara o seu convenio coa Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias da Provincia de Pontevedra (AFAPO)
Sito Gómez, alcalde da localidade, anunciou este venres a continuidade desta actividade nunha visita realizada aos cursos de memoria 2023, que se desenvolven no Centro Social de Alende. Na mesma estivo acompañado polo presidente de AFAPO, José Manuel Fontenla, con quen renovou o compromiso para que esta iniciativa se prolongue outro ano máis "dado o seu grandísimo resultado".
Nesas instalacións municipais de Alende, o Concello ten dobre atención en materia de Servizos Sociais que é compatible co uso veciñal deste recinto. Por unha banda, acolle a Unidade de Atención de Alzhéimer da bisbarra, financiada pola Xunta de Galicia e tamén atendida por AFAPO, e por outro lado, unha actividade municipal de envellecemento activo con cursos de memoria para persoas maiores.
Esta última desenvolveuse ao longo de todo o ano e conta con case unha vintena de participantes, que reciben cursos de memoria nas mañás dos venres en quendas de tres horas.
Trátase dunha iniciativa "de gran importancia que favorece moito a calidade de vida dos maiores de Moraña, polo que, como non podía ser doutro xeito, optamos pola súa continuidade", sinalou Sito Gómez.
"Para nós, os servizos que presta AFAPO son unha garantía de boa atención aos nosos maiores e permítennos que o Centro de Alende sexa unha referenza para toda a comarca do Umia en materia de Servizos Sociais que, como digo sempre, é unha absoluta prioridade do noso goberno local para coidar da terceira idade, as familias, os cativos e as persoas con necesidades especiais", concluíu o rexedor.
Relacionadas:
-
Celebración dos 20 anos de traxectoria de Afapo na loita por mellorar a calidade de vida de persoas con Alzheimer
Por Redacción |
-
RADIO.- Hai que coidar "o benestar físico, mental e social para manter a independencia no último tramo da vida"
Por Marisa Ciordia |
-
A Casa do Maior 'Amizade' actívase en Moraña para atender a persoas de máis de 60 anos
Por Redacción |
-
RADIO.- Pili Amaro plasma en '12+3. Una historia real' a súa vivencia como coidadora de persoas enfermas de Alzheimer
Por Redacción |
-
O Luis Piedrahita máis solidario prestará o seu humor para a gala benéfica de AFAPO
Por Redacción |
-
Benestar Social e Afapo poñen en marcha talleres de envellecemento activo en centros sociais de Pontevedra
Por Redacción |