Adxudican a Construcciones Castro Figueiro a transformación integral do treito urbano da estrada PO-546 en Estribela
Por Redacción
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de adxudicar por 367.314 euros a execución das novas obras para conformar unha senda para a mobilidade sostible na estrada Pontevedra-Marín, na estrada PO-546.
As actuacións, adxudicadas á empresa Construcciones Castro Figueiro, S.L.U., consisten na execución da segunda fase das actuacións que completarán a transformación integral do treito urbano de Estribela. O prazo de execución dos traballos é de 12 meses.
En concreto, esta nova intervención correspóndense cunha segunda fase das obras no treito comprendido entre o final das obras en execución da 1ª fase de Estribela que se están a ultimar, e o límite municipal, completando o acondicionamento do treito urbano da PO-546 en Estribela.
Para iso remodelarase a sección transversal da rúa actual, ampliando os anchos das beirarrúas. A calzada terá un ancho de 3,10 metros na zona cun só carril; e un ancho de 6,20 metros na parte con dous carrís, zona de aparcadoiros e carga e descarga.
As beirarrúas terán 2 metros de ancho, sempre que sexa posible, compostas por laxa de pedra granítica sobre capa de morteiro e sobre soleira de formigón de 15 cm de espesor.
Nos pasos de peóns e nos extremos disporanse vaos peonís con pavimento podotáctil (botóns ou direccionais) co fin de facilitar a accesibilidade.
Na intervención incluirase novo alumeado e reposición da sinalización e balizamento da zona de actuación.
A actuación incluirá a colocación de novos sumidoiros e a reposición dos servizos afectados.
Relacionadas:
-
Adxudicadas as obras da nova senda na PO-546 no treito urbano de Marín por un millón de euros
Por Redacción |
-
A reforma do primeiro treito da PO-546 en Estribela estará rematada en quince días
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Doce ofertas para realizar as obras na senda Pontevedra-Marín e transformar a PO-546 en Estribela
Por Redacción |