Emerxencias vs Garda Civil, fútbol con fins benéficos o domingo 24 en Caldas
Por Redacción
O campo de fútbol municipal de As Corticeiras de Caldas de Reis acollerá o vindeiro domingo 24 de setembro un partido benéfico no que saltarán ao terreo de xogo un equipo de axentes da Garda Civil e outro de diferentes servizos de emerxencias como Protección Civil e Policía Local.
O partido, previsto para as 16.00 horas, ten as entradas xa á venda nos establecementos Daguerre e bar Cruceiro e tamén se poderán adquirir no despacho de billetes.
Toda a recadación será destinada íntegra á asociación contra lle cancro Sonríe Caldas.
Os fins benéficos desta cita co fútbol dan un paso máis e durante o encontro recolleranse alimentos non perecedoiros no propio campo en beneficio de Cáritas.
Desde a organización fan un chamamento á poboación para que se achegue un granito de area e lembran que "entre todos sumaremos moito".
Relacionadas:
-
A Garda Civil volve gañar en Cuntis ao clero, que se achega ao empate cun 6-5
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Gardas civís e curas volven retarse nun partido benéfico en Cuntis
Por Redacción |
-
A Garda Civil e o Tenorio FS disputan o sábado un partido pioneiro pola igualdade
Por Redacción |
-
A Garda Civil reta o persoal de emerxencias nun partido benéfico en Caldas
Por Redacción |
-
Gardas civís contra curas, un partido benéfico "por todo o alto" en Cuntis
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |