O PP non "respalda" que o ex tenente de alcalde da Lama cobrase a dedicación exclusiva vivindo en México
Por Redacción
A voceira do Partido Popular de Galicia, Paula Prado, mostrou o seu desacordo coa posición do tenente de alcalde da Lama, Juan Carlos Piñeiro, que segundo denuncia o PSOE tería cobrado a dedicación exclusiva a pesar de estar a vivir durante os últimos meses en México. Paula Prado afirmou que o PP "non avala" a actitude do concelleiro popular e espera que "en pouco tempo cambie a decisión e impere a cordura".
Pola súa banda, o alcalde da Lama, Jorge Canda, a través dun comunicado mostrou a súa sorpresa polas actuacións do voceiro socialista, Enrique Vaqueiro. Considera vergonzoso que o edil socialista non se decatase de que o tenente de alcalde, Juan Carlos Piñeiro, fora substituído no seu cargo o 30 de decembro de 2013 e como consecuencia directa deixase de percibir a súa dedicación exclusiva.
Segundo o rexedor, Piñeiro trasladouse a México a mediados de decembro por motivos laborais, non existindo ningún motivo polo que deba dimitir do seu cargo de concelleiro.
Jorge Canda indica, textualmente, que da actitude do "Sr. Enrique se desprende que quizais o que lle moleste é que o actual tenente de alcalde, a Sr.a María de la Luz sexa da súa propia parroquia, Xesta, que xa nas anteriores eleccións municipais lle gañou no seu propio feudo,". María Luz Pontevedra Cortizo é a concelleira que substitúe a Piñeiro no cargo e non cobrará dedicación exclusiva nin parcial.
O alcalde recórdalle que "ten as portas do Concello abertas para que se informe antes de levar informacións falsas á prensa e redes sociais".
Relacionadas:
-
Jorge Canda cede e anuncia a dimisión do concelleiro que mantiña a súa acta vivindo en México
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo asegura que é "absolutamente incompatible" ser concelleiro na Lama con vivir en México
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O PSOE ameaza con ir a Fiscalía porque o tenente de alcalde da Lama cobrou a dedicación exclusiva estando en México
Por Redacción |