O PSOE ameaza con ir a Fiscalía porque o tenente de alcalde da Lama cobrou a dedicación exclusiva estando en México
Por Redacción
O voceiro do Partido Socialista na corporación da Lama, Enrique Vaqueiro, ameazou con denunciar en Fiscalía o pagamento da dedicación exclusiva ao primeiro tenente de alcalde, Juan Carlos Piñeiro Teodiso, durante os últimos tres meses, cando o concelleiro se trasladou a vivir a México.
O representante socialista dixo descoñecer se ese pagamento se producira pero que ía reclamar esa información no pleno deste mes. Non obstante, o alcalde da Lama, Jorge Canda, en declaracións a PontevedraViva aclarou que Piñeiro Teodiso cobrou o seu soldo como concelleiro con dedicación exclusiva ata o 30 de decembro de 2013. Nesa data, a través dunha resolución de Alcaldía no que cesaba no seu cargo para ser substituído por María Luz Pontevedra Cortizo.
Neste caso, sinalou Jorge Canda, non cobrará a dedicación exclusiva do seu antecesor no cargo. Polo tanto, a partir deste ano, o único soldo por este concepto corresponderá ao propio alcalde. Precisamente, os socialistas denunciaban que nun concello de tan só 2.800 habitantes houbese dous concelleiros cobrando exclusivas.
MOCIÿN POLA TARXETA SANITARIA
Por outra parte, o grupo municipal socialista da Lama presentará unha moción para solicitalo ao Goberno central que anule o texto incluído na Lei de Presupostos Xerais do Estado que establece a retirada de prestacións sanitarias para todos aqueles cidadáns que superen os 90 días no estranxeiro.
Segundo Enrique Vaqueiro esta decisión afectará de forma moi grave ao concello da Lama no que preto de 800 dos seus veciños son emigrantes en México e que "están a caballo entre los dos países" pero manteñen a súa residencia no municipio pontevedrés. Con esta decisión, segundo apuntou, teñen que volver solicitar a tarxeta sanitaria cada vez que regresan e iso implica varios días de trámites administrativos.
Relacionadas:
-
Jorge Canda cede e anuncia a dimisión do concelleiro que mantiña a súa acta vivindo en México
Por Redacción |
-
Núñez Feijóo asegura que é "absolutamente incompatible" ser concelleiro na Lama con vivir en México
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
O PP non "respalda" que o ex tenente de alcalde da Lama cobrase a dedicación exclusiva vivindo en México
Por Redacción |