Fin de semana de sol e 'Son de Marín'
Por Redacción
Este sábado de temperaturas elevadas a música acompaña nas rúas grazas á programación de 'Son de Marín' con 23 actuacións por distintos puntos do municipio coa intención de recoller diferentes estilos e animar esta primeira fin de semana de agosto.
O programa iniciábase o venres cunha homenaxe ao carismático John Balan no cemiterio de Santo Tomei de Piñeiro con representación do goberno local e o acompañamento musical do grupo Vos de Marín.
A continuación desenvolvíase a actuación musical Marín Canta, de Saljariteiros, na Alameda. Durante este acto realizábase unha sentida mención a José Ramón Pérez Gómez, Morgan, pola súa dedicación ao fomento cultural na vila.
Ao longo deste sábado sucedéronse as actuacións por rúas e prazas, que terán continuidade a última hora da tarde cando descendan as temperaturas coas seguintes propostas:
- 20.30 horas:
- Homenaxe a John Balan, na Alameda Rosalía de Castro
- 21.00 horas:
- Antonio Peixoto y su armónica, en Méndez Núñez (Manhattan - Pato Donald)
- 21.30 horas:
- Cé Orquestra Pantasma, Alameda Rosalía de Castro
- Take 3 (versións), Rúa Serafín Tubío (As Vides)
- Coral Lembranzas, en Méndez Núñez (Manhattan - Pato Donald)
- Basti - Markii (música urbana), Paseo Alcalde Blanco
- 22.00 horas:
- Gaiteiro Moderno, en Ezequiel Massoni (esquina café O Rural - Nao)
- 22.30 horas:
- Top Legends, Rúa Estrada (Rincón de Juancito)
- Mister Mago (versións), en Méndez Núñez
- Ale & Marcos (versións), Rúa Real
- 23.00 horas:
- Candela&Friends (versións), Rúa Real
- Ricardo Parada, Alameda Rosalía de Castro
- 00.00 horas:
- Fin de Festival DJ, Alameda Rosalía de Castro