Ribadumia celebrará o 26 de agosto a 'XXVIII Xuntanza dos nosos maiores'
Por Anxo Lourido
O Concello de Ribadumia volve celebrar este verán unha tradicional festa en homenaxe ás persoas maiores do municipio. Está previsto para o sábado 26 de agosto na Carballeira de Ribadumia.
A 'XXVIII Xuntanza dos nosos maiores' comezará ás 13.15 horas cunha misa. A continuación celebrarase a xantar popular coa participación de todas as persoas interesadas. Será a partir das 14.15 horas.
Pola tarde celebrarase un bingo sopresa. A partir das 17.15 horas está prevista a actuación do actor Avelino González, que ofrecerá un espectáculo de narración oral titulado 'Contos que foron chistes'.
Xa ás 18.00 horas, os participantes poderán gozar dunha gran velada de baile a cargo de Merchi Treviño.
Aquelas persoas de idade avanzada que queiran participar neste evento deberán anotarse no departamento de Servizos Sociais do Concello antes do mércores 23 de agosto.
Relacionadas:
-
Tradición, gastronomía e deporte únense nunha fin de semana festiva en Ribadumia
Por Redacción |
-
Case 225.000 euros para potenciar a calidade de vida e o desenvolvemento sostible en Ribadumia
Por Redacción |
-
Isabel Risco e Marián Bañobre ofrecen 'O Furancho' en Ribadumia na xornada de reflexión
Por Anxo Lourido |