A PO-308 presenta un estado calamitoso entre A Barca e Andurique
Por Oskar Viéitez
O calamitoso estado que presenta o firme da PO-308 entre A Barca e Andurique complica a circulación por este tramo urbano do concello de Poio.
Trátase dunha 'cicatriz' de cemento que se estende ao longo de quilómetro e medio de estrada, con firme irregular, numerosas fochancas e grandes fochas.
Esta deterioración foi provocada polas obras que acomete Acuaes para renovar as canalizacións de abastecemento de auga. A celeridade coa que se están a acometer as obras e a necesidade de abrir este vial ao tráfico antes das festas do Nadal provocou que a reapertura da PO-308 nos dous sentidos circulatorios non se producisen nas mellores condicións.
Dende a empresa Acuaes confirman que os traballos empezarán este martes e se prolongarán durante algo máis dun mes. No plan de obras considéranse cortes de tráfico no ámbito da Barca, concretamente na rúa Domingo Fontán.
Segundo os detalles avanzados por Acuaes, está previsto o corte dun carril de suba entre o Nó de Bombeiros e a rotonda da ponte da Barca.
Relacionadas:
-
Adxudicadas por 5,9 millóns as obras do abastecemento da marxe esquerda da Ría de Pontevedra
Por Redacción |
-
As obras de Acuaes en Domingo Fontán só provocarán cortes "puntuais" de tráfico
Por Alejandro Espiño |
-
A ponte da Barca recupera o dobre sentido ao restablecerse a circulación cara Poio
Por Alejandro Espiño |
-
Acuaes finaliza as obras na Barca e iniciará o 7 de xaneiro os traballos en Domingo Fontán
Por Redacción |