O párroco de Ribadumia celebrou os seus 102 anos
Por Oskar Viéitez
Dositeo Valiñas, Don Dositeo, o párroco de Ribadumia e Leiro cumpriu esta semana 102 anos de idade.
Este martes celebrouno cos seus seres queridos e tamén desde o Concello de Ribadumia trasladáronlle "os nosos mellores desexos" a Don Dositeo no día do seu 102 aniversario.
O alcalde David Castro quixo expresarlle en persoa "o inmenso aprecio que se lle ten en cada recuncho deste municipio polo labor que fixo máis aló da igrexa, por exemplo, en campos como o deporte ou a cultura tradicional".
Boa mostra deste afecto é que foi nomeado fillo adoptivo deste municipio, ao que chegou en 1944 para facerse cargo da parroquia.
O sacerdote leva sen dar misa desde o pasado mes de outubro debido a un problema de saúde e agora son os seglares quen na súa ausencia asumen parte das celebracións relixiosas mentres Don Dositeo non se reincorpora, tal e como ten previsto facer mentres poida, xa que o arcebispo Julián Barrio non o quere xubilar.
Relacionadas:
-
Tres días de loito en Ribadumia pola morte aos 102 anos de Dositeo Valiñas, párroco durante oito décadas
Por Redacción |
-
O Papa nomea arcebispo de Santiago a Francisco Prieto ao renunciar Julián Barrio por idade
Por Oskar Viéitez |
-
Ampliado o camiño municipal no lugar de Outeiro en Ribadumia
Por Redacción |
-
O Enterro da Galiña pon o peche este sábado ó Entroido de Ribadumia
Por Redacción |
-
Os 100 anos de Don Dositeo, o incombustible cura de Ribadumia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |