Unha enquisa cidadá para elixir que lenda granate terá unha estatua no parque de Pasarón
Por Redacción
Os pontevedreses serán os que decidan o nome da celebridade do Pontevedra CF á que, na súa opinión, debería dedicárselle a peza escultórica que se instalará no parque de Pasarón, que será obxecto dunha profunda remodelación integral.
A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural decidiu promover unha enquisa a través da internet para elixir a que figura histórica ou personalidade destacada na traxectoria da entidade granate merece gozar deste recoñecemento.
A instalación dunha pequena escultura en material metálico, pedra ou sintético neste parque, situado na parte norte do estadio de Pasarón, está contemplada no anexo de melloras do plan municipal para remodelar este parque do barrio do Burgo.
Esta intervención prevé duplicar a superficie destinada a xogos infantís, substituír o estanque actual por un xardín de choiva, construír unha pista multideporte e crear unha nova zona de paseo para cans. Estará ademais tematizado con elementos arredor da historia do Pontevedra.
Iván Puentes avanza que o Concello aproveitará o partido que enfrontará o domingo 26 de febreiro ao Pontevedra CF contra o Ceuta para distribuír un díptico no que convidan á xente a participar nesta enquisa, habilitada na páxina web do Concello de Pontevedra.
Relacionadas:
-
O mítico 'Cholo' terá unha escultura no parque de Pasarón por decisión popular
Por Oskar Viéitez |
-
A Marea Granate destino a Ferrol
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra fai oficial a fichaxe do extremo esquerdo Gonzalo Bueno
Por Redacción |
-
Un enorme Pontevedra gaña á Cultural Leonesa e permítese soñar coa salvación (1-0)
Por Almu Dapena |
-
A reforma do parque de Pasarón renderá tributo ao Pontevedra CF
Por Redacción |