Estudantes de cociña e restauración asumen o protagonismo no peche de Etiqueta Negra
Por Manu Otero & Mónica Patxot
Era a terceira xornada de feira, un día laboral e despois de rexistrar dous cheos absolutos, pero o tirón de Etiqueta Negra é innegable. No último día da sexta edición desta feira de produtos gourmet, o Recinto Feiral volveu rexistrar unha gran entrada.
Decenas de curiosos, algúns que non puideran acudir a fin de semana e outros que repetían por terceira vez, visitaron este luns unha feira que dedicou especial atención na súa xornada final a estudantes de cociña e restauración de centros de ensino de toda a provincia.
Despois de percorrer os corredores e coñecer de primeira man todos os produtos que se exhiben nesta feira, os estudantes de hostalería pasaron á acción. "Cos ollos do sabor", foi o primeiro dos espectáculos de cociña en directo. Un experimento pensado para probar as preparacións realizadas polo alumnado de segundo curso de Cociña, Restauración e Panadería do Carlos Oroza cos ollos tapados por un anteface. O obxectivo deste exercicio, no que participaron preto de 70 comensais, era estimular a través da comida todos os sentidos, menos a vista.
Unhas horas despois, chegou a quenda do alumnado do Obradoiro de Emprego da Mancomunidade do Salnés que realizou unha demostración de cociña en directo con produtos galegos clásicos do outono. Xa en horario de tarde houbo outros dous espectáculos de cociña en directo que, de igual modo, captaron a atención masiva de todos os asistentes. Do mesmo xeito que as catas de viño, cervexa ou salsas realizadas na zona de catas do recinto.
Pero os aprendices de cociñeiros non só foron protagonistas diante das cámaras, tamén como público. Preto dun milleiro de escolares de centros de formación de graos de cociña, hostelaría ou turismo, así como de ciclo medios de comercialización de produtos alimentarios, ou ciclos superiores de dietética, viticultura, comercio Internacional, pastelaría e enchería chegados de Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Redondela, Vigo, Vilagarcía de Arousa ou Cambados descubriron a rica e variada oferta dunha feira, Etiqueta Negra, que xa prepara a súa sétima edición.
Relacionadas:
-
Showcooking do Nadal a cargo do alumnado do Obradoiro de Hostalería do Salnés
Por Redacción |
-
Conta atrás para Etiqueta Negra, o "mellor escaparate" para un sector "que marca tendencia"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra "quere gourmet galego" e presumirá del en novembro coa sétima Etiqueta Negra
Por Alejandro Espiño |
-
O Carlos Oroza intégrase na nova rede estatal de excelencia de formación profesional
Por Oskar Viéitez |
-
Etiqueta Negra non defrauda cunha alta asistencia de público ao Recinto Feiral
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Etiqueta Negra estrea a súa sexta edición apostando por "promover a innovación, a calidade e tamén a proximidade"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Etiqueta Negra, a feira do gourmet galego, abre este sábado as súas portas no Recinto Feiral de Pontevedra
Por Redacción |