Arrancan dúas xornadas de folga na sanidade galega
Por Redacción
A sanidade galega está convocada a secundar dúas xornadas de folga os días 9 e 10 decembro.
Os sindicatos CESM, O'Mega, CC.OO. e CIG chamaron os 33.000 traballadores que forman parte do Servizo Galego de Saúde a sumarse a unha protesta a favor dunha "sanidade pública de calidade" e en contra dos recortes e "a privatización".
A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, asegura trátase dun paro con "trasfondo político".
Entre outros motivos a protesta convócase polas medidas de recorte na sanidade pública e nos medios humanos, esixen a reedición da taxa de reposición e a supresión dos contratos lixo, a recuperación do específico adicional e as dúas extraordinarias, ademais dos días de libre disposición, derivados dunha negociación que cambiou o incremento salarial "por horas de descanso". Ademais de esixir a paralización do copagamento nos medicamentos e a apertura dunha negociación sobre as áreas de xestión clínica.
Relacionadas:
-
Os sindicatos sitúan o seguimento da folga na sanidade pontevedresa nun 85%, o Sergas nun 25%
Por Anxo Lourido |
-
Convocan unha 'Marea branca' en Pontevedra en defensa da Sanidade Pública
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra-Salnés, á cabeza no desenvolvemento da Áreas de Xestión Clínica ás que se opón CIG-Saúde
Por Diego Espiño |
-
Os traballadores da área sanitaria de Pontevedra chamados á folga o 10 de decembro
Por Oskar Viéitez |