Estrella Galicia apoia a volta das festas de Quilmas e Curra, en Carnota
Esta fin de semana volven celebrarse as festas de Quilmas e Curra, en Carnota. E fano co apoio de Estrella Galicia, que incluíu estes festexos no seu proxecto de revitalización das tradicionais verbenas. Trátase da cuarta celebración local que conta co respaldo da cervexeira este verán, nunha iniciativa que ten como obxectivo evitar a desaparición destas festas, así como volvelas a colocar como un dos elementos destacados e característicos do verán galego.
A Estrella Galicia móvelle o propósito de xerar un impacto positivo na súa contorna e recoñece que as verbenas galegas son unha gran representación da cultura local de cada pobo e de Galicia no seu conxunto.
As festas de Quilmas e Curra son as cuartas verbenas e romarías coas que Estrella Galicia se comprometeu para recuperar e celebrar as tradicións e os valores dos pobos e aldeas de Galicia. En xuño, a marca xa apoiou a romaría de Lobeira, mentres que en xullo foi a quenda de Vilachán, a pasada semana foi a quenda da verbena da Portela de San Xulián e agora chegan as festas de Quilmas e Curra, cun cartel especial e elaborado.
Así, este venres 19 de agosto haberá unha sardiñada na praza e o Grupo Alborada e a Discomóvil Superfabric actuarán na zona deportiva. O sábado 20 terá lugar o pasarrúas da agrupación Xeitura, a sesión vermú amenizada por Eva Iglesias e o Grupo Charada e a verbena coa Orquestra Atenas, á que acompañará Ruth Gundíns, gañadora do programa Cantareiros da TVG. A noite acabará coa Discomóvil Superfabric.
Desde A ASOCIACION CHAN DAS LAMAS aseguran "Á festa de Quilmas e Curra 2022 veunos ver unha Estrella. Podemos dicir que este ano ía ser moi complicado celebrar a festa no seu esplendor sen a axuda de Estrella Galicia."
APOIO AO RURAL GALEGO E AS SÚAS TRADICIÓNS
As verbenas están no corazón de Galicia, motivo polo cal a marca sempre estivo presente en diferentes festas populares durante os últimos anos. Agora, despois dunha pandemia que forzou un obrigado parón de dous anos nestas celebracións, Estrella Galicia quere non só dar o seu apoio, senón dotalas dunha personalidade propia e, o máis importante, recuperalas para o goce da súa xente.
Desta forma, a cervexeira subliña e complementa o seu apoio o rural galego, que se materializou en diversas iniciativas de carácter socioeconómico postas en marcha durante os últimos tempos. Un respaldo que tamén quere mostrar cara á parte máis divertida e lúdica de Galicia, ás persoas que habitan estas terras, e a todos aqueles que loitan por manter as tradicións máis representativas dos pobos e aldeas galegas.
Para a marca, "Estrella Galicia non é só unha cervexa, é todo o que se vive en Galicia con ela e grazas a ela. Porque isto non vai só do que bebes, o que importa é o que vives". Toda unha declaración de intencións que deixa claro a forte aposta que fai a marca polo local.