Os afeccionados aos vehículos clásicos teñen unha cita este sábado en Ponte Caldelas
Por Redacción
Este domingo, 50 coches antigos daranse cita en Ponte Caldelas para celebrar a V edición da concentración de vehículos clásicos.
Organizada polo Club Ava de Pontevedra, a xornada comezará ás 10.00 horas coa recepción de vehículos na Alameda da vila, e continuará ás s 12.00 horas cunha ruta ata a Hípica Amazonas e na Insua. Ás 14.00 horas arrrancarán de novo os motores para retornar á Alameda, onde permanerán expostos ó público ata as 20.00 horas, mentres os membros do clube desfrutan dunha xornada de lecer en Ponte Caldelas.
Entre os vehículos máis destacados estará un Derby dos anos 20, varios Fiat 1400, dous Seat 800, a réplica dun Ferrari, un Citroen 11 ligero ou un Ford Mustang. Estará tamén un autobús de liña histórico, propiedade da empresa Cuiña ou un camión Bedford, de finais dos anos 50, da empresa Norte Sur.
A actividade é froito da colaboración entre o Concello de Ponte Caldelas e os Amigos dos Vehículos Antigos (AVA), asociación fundada en 1984. A agrupación conta cun cento de socios e organiza unha media de catro actividades deste tipo ao longo do ano e mantén unha estreita colaboración co municipio, participando tamén na Cabalgata dos Reis Magos que se organiza polo rural da vila.
O alcalde, Andrés Díaz, e o tesoureiro de AVA, Enrique Vázquez foron os encargados de facer este venres a presentación dunha actividade que "sempre suscita o interese de moito público e que é unha das máis atractivas das que celebran ao longo do ano".
Fixérono a bordo dun MG fabricando por British Leyland en 1972. Un coche histórico dotado cun motor de 1.800 centímetros cúbicos e 96 cabalos de potencia. Unha xoia que chegou ás súas mans doutro coleccionista que o tiña adquirido en Alemaña.
Relacionadas:
-
Medio centenar de modelos participaron na Concentración de Vehículos Clásicos de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A concentración de Ponte Caldelas supera as previsións e reúne oitenta coches clásicos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas volve atraer á caravana de vehículos clásicos
Por Redacción |
-
Aqueles Mercedes clásicos, símbolo dun estatus social, exhíbense en Ponte Caldelas
Por Redacción |