A metade dos kiwis que comen os españois son pontevedreses
Por Oskar Viéitez
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, acudiu este venres a Ribadumia para visitar a empresa Kiwi Atlántico, que puxo como un claro exemplo de que no eido rural galego poden existir proxectos viables e con rendibilidade.
Na súa intervención, o mandatario autonómico explicou que Galicia ocupa os primeiros postos na produción de kiwi en España. Unha produción que se logra grazas ás 673 hectáreas cultivadas polos 190 produtores que existen na comunidade. E dentro destes postos, Pontevedra sitúase como a principal provincia produtora do Estado, acadando o 50% da produción total de kiwi do Estado.
Ademáis Feijóo pediu este venres "vontade de consenso" para poñer a disposición de todos os galegos un paquete lexislativo para mobilizar as terras en Galicia e poñelas en valor. "Un paquete lexislativo de cinco leis que poden modificar a estrutura das terras en Galicia", dixo.
Feijóo adianta que, co obxectivo de "impulsar e desenvolver o rural", Galicia contará coa primeira Lei de montes, cunha Lei contra os incendios forestais, cunha Lei de mobilidade de terras, cunha Lei de mellora da estrutura agraria de Galicia e cunha Lei de montes veciñais.
Relacionadas:
-
A colleita de kiwis do Areeiro repartirase entre entidades sociais
Por Redacción |
-
Cita científica no Areeiro para estudar o chancro bacteriano do kiwi
Por Redacción |
-
Xunta e Deputación renovan esforzos na súa guerra biolóxica
Por Oskar Viéitez |
-
Intelixencia pontevedresa para que todo o kiwi que chega ao super teña a mesma calidade
Por Redacción |