Por que o Concello se pinta de azul?
Por Redacción
A Casa Consistorial de Pontevedra uniuse este xoves, día 14 de novembro, á celebración do Día Mundial da Diabetes e, con este motivo, iluminou a fachada de azul.
Esa cor é o que marca a Federación Internacional de Diabetes como símbolo para ese día en todo o mundo, nunha campaña que, co lema 'Protexamos o noso futuro', buscar dar a coñecer a enfermidade e mostrar o apoio e solidariedade da poboación e as institucións.
Ao mesmo tempo que se iluminaba a fachada, a praza de España acolleu un acto no que membros da Asociación de Nenos con Diabetes de Galicia leron un comunicado no que se trasladaron mensaxes como "que a diabetes non sexa unha carga senón unha compañeira de viaxe", especialmente para os máis pequenos, xa que se está a detectar cada vez a idades máis temperás.
Este xoves seguirán os actos. A partir das 17:00 instalarase unha mesa informativa na Praza da Peregrina onde realizaranse controis de glicemia a quen o desexe e darán información sobre a diabetes tipo I. Ás 18.00 horas actuará a contacontos Raquel Queizás.