Os traballos na senda peonil de Dorrón comezarán este ano
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O proxecto de habilitar a senda peonil en Dorrón, no municipio de Sanxenxo, está case listo. A Xunta de Galicia está ultimando os detalles para poñer a disposición da veciñanza este novo itinerario ao carón do río para o seu desfrute e para promocionar esta zona máis interior da parroquia.
A senda discorrerá na súa maior parte o río Dorrón, entre unha paisaxe de bosque de ribeira na que predominan os ameneiros e freixos e que serve de hábitat para o merlo branco e a lavandeira. Para este proxecto, destacan desde o Goberno, foi fundamental a implicación veciñal, que se traduciu en case 280 cesións de terreos particulares para que se puideran incorporar á futura senda.
Con esta actuación da Xunta, que financiará a obra a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, buscarán potenciar os recursos paisaxísticos e o patrimonio natural que concentra esta parroquia interior de Sanxenxo.
Con esta habilitación da nova senda, a veciñanza contarán cun novo itinerario fluvial nun enclave natural de gran riqueza ambiental e pola outra, atraer a máis visitantes ao municipio.