A ponte do río Armenteira, en Sisán, estará rematada "en febreiro coma moi tarde"
Por Redacción
A ponte do río Armenteira, en Sisán, en Ribadumia, estará rematada "en febreiro coma moi tarde", segundo anunciou o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.
Cores visitou este luns o inicio das obras de execución desta ponte na estrada que une Barrantes con Vilariño en Ribadumia (EP-9506) e que está a executar Augas de Galicia. Na visita estivo acompañado pola alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña, o xefe territorial de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, así como polo xefe do Servizo Territorial da Zona Hidrográfica Galicia-Sur de Augas de Galicia, Paco Alonso.
O proxecto, cuxas obras acábanse de iniciar coa demolición do firme, permitirá rehabilitar a ponte, aumentando a súa luz de 10 a 20 metros, o que situa os estribos fóra do leito do río. Deste xeito, a nova obra facilitará os desaugamentos e evitará que a ponte constitúa un obstáculo ao paso da auga na crecida do río. "Ao mesmo tempo, esta intervención urxente contribuirá a evitar que a auga incida sobre a súa estrutura", explicou Cores Tourís.
Para realizar esta actuación cóntase cun investimento de case 240.000 euros. A obra axudara a continuar a senda peonil para enlazar co futuro paseo desde a ponte de Barrantes ata a desembocadura do río Umia.