O punto de cribado covid do Sergas en Marín situarase finalmente no Museo Manuel Torres
Por Redacción
Marín contará a partir do próximo luns 10 de xaneiro cun punto gratuíto de realización do test de antíxenos de detección da covid, pero a súa localización non será a anunciada inicialmente.
Segundo confirmou o Concello, que ía acoller o punto de cribado, este habilitarase finalmente no Museo Manuel Torres.
Para acceder a este servizo será necesario solicitalo previamente a través do servizo de autocita do Sergas.
O horario de actividade, do mesmo xeito que nos puntos que habilitarán na Sala Nauta de Sanxenxo e no edificio da Tafona de Caldas de Reis xunto aos xa existentes do Pazo da Cultura de Pontevedra e auditorio de Vilagarcía, será de luns a domingo entre as 8.30 e as 13.40 horas e entre as 15.30 e as 20:40 horas.