Aprobado o expediente de contratación para a humanización da rúa da Palma en Cuntis
Por Redacción
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres o expediente de contratación da obra de humanización prevista na estrada provincial EP-8402 Cuntis-Cequeril, ao seu paso polo centro urbano.
"É un proxecto que ao igual que os proxectos de urbanicación e reurbanización que fai a Deputación de Pontevedra aposta por unha mobilidade amable, sostible e segura onde as persoas teñen a prioridade", explicou a presidenta da institución, Carmela Silva.
Nesta actuación está previsto investir 603.030 euros cun prazo de execución dos traballos, unha vez adxudicados, que será de 7 meses.
En concreto actuarase nun tramo entre a rúa da Palma e o Rego da Patela, permitindo mellorar a seguridade, a accesibilidade e a convivencia entre tránsito peonil e tráfico rodado.
A obra, en virtude do convenio asinado co Concello de Cuntis, será financiada nun 70% pola Deputación e o 30% restante pola administración local.
Relacionadas:
-
A humanización da Rúa da Palma rozará os 550.000 euros de investimento
Por Redacción |
-
Cuntis aproba o convenio coa Deputación para reformar o Espadenal
Por Oskar Viéitez |
-
Avanza o proxecto de humanización da rúa da Palma de Cuntis
Por Redacción |
-
Primeiros pasos para mellorar a seguridade viaria na rúa da Palma de Cuntis
Por Redacción |