A comunicación interna en entidades deportivas, a estudo no campus
Por Redacción
O director de protocolo do Fútbol Club Barcelona, Ramón Pujol, o director xeral de mercadotecnia do Atlético de Madrid, Emilio Gutiérrez ou o técnico do Concello Superior de Deportes Ricardo Vargas son algúns dos convidados da VII Xornadas de Comunicación e Deporte da Facultade de Ciencias Sociais.
O campus pontevedrés acollerá esta xornadas os días 28 e 29 de outubro, luns e martes respectivamente, nas que se debaterá sobre a importancia da comunicación interna nas entidades deportivas.
Dende a organización de eventos deportivos, pasando polos deportes minoritarios ou os eventos infantís estarán presentes nunhas xornadas abertas ao público pero "pensadas para o alumnado das facultades de Ciencias da Educación e do Deporte e Ciencias Sociais e da Comunicación", segundo explica Ana Belén Fernández.
Ramon Pujol e Emilio Gutiérrez compartirán as súas experiencias cos asistentes durante a xornada do luns, mentres Ricardo Vargas e o profesor da Universidade de Vigo e preparador físico do Celta Joaquín Dosill, serán os encargados de pechar a sétima edición o martes 28.