Caen a 327 os casos activos por covid-19 pero aumentan de novo os hospitalizados
Por Alejandro Espiño
Con apenas oito novos contaxios nas últimas 24 horas, a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés logra seguir reducindo o número de casos activos por covid-19. O balance diario do Servizo Galego de Saúde comunica 327 infectados, 31 menos dos que había onte.
A mala noticia é que os hospitalizados, un día máis, seguen aumentando. Os pacientes ingresados con coronavirus nos tres hospitais da área sanitaria son 16, un máis dos que os datos oficiais incluían este luns.
A maioría deles (8) están ingresados na planta de hospitalización de Montecelo. Hai dous no Hospital do Salnés e un no QuirónSalud Miguel Domínguez.
Os outros cinco hospitalizados, en estado máis grave, atópanse ingresados na unidade de coidados críticos (UCI) de Montecelo. Son os mesmos que había onte.
O resto dos que contraeron o virus, outras 311 persoas, atópanse illadas nos seus domicilios e recuperándose baixo supervisión médica.
Desde o inicio da pandemia 20.731 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19, 39 nas últimas 24 horas, e rexistráronse 202 falecementos asociados ao virus.
En canto á realización de probas PCR, fixéronse na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés un total de 298.133, 190 nas últimas horas. A estas probas súmanse as 131.969 probas de antíxenos e outras 107.349 probas de detección realizadas ata a data.
INCIDENCIA EN GALICIA
A nivel autonómico a Dirección Xeral de Saúde Pública informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 5.556, 292 menos que o día anterior. Deles, 1.400 son da área da Coruña, 1.140 da de Lugo, 557 da de Ourense, 327 da de Pontevedra, 820 da de Vigo, 1.020 da de Santiago e 292 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 46 están en UCI, 144 en unidades de hospitalización e 5.366 no domicilio. Por agora, en Galicia hai un total de 172.152 persoas curadas, rexistrándose 2.590 falecementos.
Desde o inicio da pandemia realizáronse en Galicia 2.771.586 probas PCR, 3.189 nas últimas 24 horas, que xunto co resto de probas diagnósticas permitiron detectar 158 novos infectados.
Relacionadas:
-
A área sanitaria reduce os hospitalizados por covid-19 a menos de dez por primeira vez desde xuño
Por Alejandro Espiño |
-
Trece hospitalizados por covid-19 nunha área sanitaria que ten 316 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
Asistencia mínima ao cribado en Sanxenxo: só acudiron 604 persoas, o 17% das citadas
Por Redacción |
-
A área sanitaria mantén a tendencia: menos casos activos por covid-19 e máis hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade confirma unha nova morte pola pandemia, a 202 na área sanitaria, unha muller de 89 anos
Por Alejandro Espiño |