Citan a 7.312 mozos de 29 a 16 anos para vacinarse a semana que ven na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
A Xunta de Galicia continúa avanzando na vacinación contra a covid 19. Neste sentido, as vacinacións masivas do martes e do venres da semana que vén vai realizar no grupo de idade comprendido entre os 29 e os 16 anos, cun total de 56.320 persoas que serán convocadas para recibir a primeira dose. 7.312 serán novas da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Esta convocatoria realizarase polo método habitual, enviando un SMS ao móbil, non haberá autocita.
O mércores e o xoves será a quenda para a inoculación de segundas doses. 6.741 persoas na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
En total está previsto que 114.791 persoas sexan vacinadas en catro días en Galicia.
Na área sanitaria de Pontevedra O Salnés distribuiranse da seguinte maneira: Martes día 17. Rango 29 a 16 anos e repescas. 3.656 persoas; Mércores día 18. Segundas doses. 3.151 persoas; Xoves día 19. Segundas doses. 3.590 persoas; Venres día 20. Rango 29 a 16 anos e repescas. 3.656 persoas.
Relacionadas:
-
Baixan os casos activos e a presión hospitalaria na área sanitaria
Por Redacción |
-
Un home de 84 anos, falecido en Montecelo, vítima 194 con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
234 persoas superaron o coronavirus nas últimas 24 horas
Por Oskar Viéitez |
-
Catro mortes máis con covid entre persoas maiores de 72 anos en Galicia, unha delas falecida en Montecelo
Por Redacción |
-
García Comesaña advirte do perigo de contaxios ante a chegada dunha fin de semana de festas populares
Por Anxo Lourido |