339 persoas superaron o coronavirus nas últimas 24 horas na área sanitaria
Por Oskar Viéitez
O Servizo Galego de Saúde notifica este martes 2.419 pacientes con infección activa de covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Son 243 casos menos que onte xoves mentres que se confirmaron 97 novos casos por probas diagnósticas de infección activa.
No Concello de Pontevedra son 80 casos menos o que sitúa o total en 705 casos activos, en Sanxenxo son 265 casos (35 menos), en Poio 127 casos (10 menos) e en Marín 196 casos (10 menos).
O número de pacientes hospitalizados é de 26 persoas atendidas na área sanitaria. Delas 21 están no Hospital Montecelo, 2 no Quirón Saúde Miguel Domínguez e 3 no Hospital do Salnés. Sete deles están ingresados en estado crítico na Unidade de Coidados Intensivos (UCI).
Onte xoves eran 34 as persoas ingresadas, das que 28 estaban en planta e seis na UCI.
O resto das persoas que contraeron o virus, 2.386 casos, atópanse illados nos seus domicilios con sintomatoloxía breve ou asintomáticos.
Desde o inicio da pandemia 17.237 pacientes da área sanitaria superaron a covid-19. Nas últimas 24 horas curáronse 339 persoas.
Non se produciron falecementos durante as últimas horas nesta zona sanitaria, de maneira que continúan sendo 189 os pacientes falecidos desde que se notifican as mortes con motivo da pandemia.
En canto á realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 741 o que eleva o total na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ás 281.151.
A estas probas súmanse as 113.210 probas de antígenos e outras 104.644 probas de detección realizadas ata a data.
Para este venres están convocadas 4.004 persoas con idades entre 20 e 29 anos no Recinto feiral de Pontevedra para recibir a primeira dose de Pfizer. No recinto vilagarcián de Fexdega hoxe non hai programación de vacinas.
GALICIA
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 18.195 deles 4.513 son da área da Coruña, 2.156 da de Lugo, 1.520 da de Ourense, 2.419 da de Pontevedra, 4.420 da área de Vigo, 2.112 da de Santiago e 1.055 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 53 están en UCI, 255 en unidades de hospitalización e 17.887 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 142.500 persoas curadas, rexistrándose 2.483 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.603.485.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.612.037.
Relacionadas:
-
Balance de coronavirus na área sanitaria ao 8 de agosto: 2.186 casos activos e 29 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Falece en Montecelo un home de 91 anos positivo por covid, a vítima 191 desde o inicio a pandemia
Por Diego Espiño |
-
Caen a 2.331 os casos activos de covid na área sanitaria, con 31 persoas hospitalizadas
Por Diego Espiño |
-
Unha muller de 85 anos convértese no falecemento 190 de pacientes covid na área sanitaria
Por Diego Espiño |
-
34 persoas permanecen ingresadas con covid-19 nos hospitais da área sanitaria
Por Redacción & Mónica Patxot |