Localizan o corpo dun home flotando no mar á altura de Punta Cabicastro, en Sanxenxo
Por Redacción & Mónica Patxot
A Garda Civil trasladou ao porto de Portonovo o corpo sen vida dun home que foi localizado flotando no mar á altura de Punta Cabicastro, entre as praias sanxenxinas de Canelas e Paxariñas.
Informan desde o Concello de Sanxenxo que o cadáver foi avistado por un barco de pasaxe a uns 500 metros da costa. Desde a embarcación deron aviso á Garda Civil ás 12.58 horas e foron os axentes quen se ocupou de trasladalo a terra.
Desde o Instituto Armado sinalan que aínda se descoñecen as causas do suceso e estiman que a idade da vítima sitúase entre os 45 e 50 anos de idade. O falecido atópase xa en dependencias portuarias á espera da lelgada do xuíz para ordenar o levantamento do cadáver.