Carlos Paz seguirá presidindo o Club Naval Pontevedra ao imporse ao aspirante Enrique Dobarro
Por Redacción
José Carlos Paz Sánchez continuará catro anos máis á fronte do Club Naval Pontevedra, despois de que este sábado saíse reelixido nas eleccións que se desenvolveron nas instalacións da sociedade.
Carlos Paz obtivo 55 votos fronte aos 35 que conseguiu o aspirante para ocupar a presidencia, Enrique Dobarro Buitrago. Desde o Club Naval agradecíase a través dun comunicado a participación dos asociados nestes comicios.
Paz leva máis dunha década á fronte da entidade e entre os seus obxectivos para o próximos catro anos atópase a ansiada dragaxe do río Lérez para facilitar a navegación e a práctica deportiva. Tamén ten previsto reactivar a segunda planta das instalacións deportivas coa posta en marcha dun servizo de cafetería.
Relacionadas:
-
A cafetería do Club Naval xa ten inquilinos: reabrirá as súas portas este mesmo verán
Por Alejandro Espiño |
-
Paloma Castro: "ENCE ten que seguir no noso territorio porque senón sería un fracaso por parte das administracións públicas"
Por Natalia Puga |
-
O BNG acusa á Xunta de poñer escusas para non executar a dragaxe do Lérez
Por Redacción |
-
Portos de Galicia dá conta dun novo atranco no proxecto da dragaxe do Lérez
Por Oskar Viéitez |