A Praza do Teucro acollerá do 31 de outubro ao 3 de novembro a V Outubrofest
Por Redacción
O Pontevedra Rugby Club traballa xa na organización de será a quinta edición da popular Outubrofest.
Un ano máis a Praza do Teucro será o escenario da festa coa que a entidade lerezana busca recadar fondos para financiar os seus equipos de base, nos que participan nenos dende os 5 ata os 18 anos.
Os pontevedreses poderán degustar os 'codillos', salchichas e cervexas dende xoves 31 de outubro ata o domingo 3 de novembro.
O Pontevedra Rugby Club reivindica unha celebración que "se copiou ata a saciedade en todos os puntos de Galicia", pero que na cidade de Lérez cumpre xa cinco anos: "en Pontevedra podemos gozar da única e orixinal", sinalan dende o club.
Por ese motivo prometen "un ambiente familiar, prezos populares, produtos de primeira calidade e moitas sorpresas para celebrar este quinto aniversario".