Os muiños do Batán danse a coñecer unha vez rematada a posta en valor do seu entorno
Por Redacción
Os muíños do Batán, en Salcedo, presentan xa unha nova imaxe, remataron os traballos para poñer en valor o seu entorno e agora chega o momento de dalos a coñecer. Para iso, o Concello, a Comunidade de Montes de Salcedo e a asociación veciñal Heroes do Campo da Porta organizarán toda unha serie de actividades que arrancarán este venres 4 de outubro cunha festa popular e o sábado 12 cun roteiro polo entorno.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e os concelleiros Luis Bará e Demetrio Gómez visitaron este mécores o entorno dos muíños e alí anunciaron que o roteiro do día 12 será o primeiro dunha lista de actividades divulgativas que buscarán dar a coñecer o espazo e dinamizalo tanto entre os escolares como entre os propios veciños de Salcedo e a sociedade en xeral.
A festa do venres 4 de outubro será ás 19.00 horas e permitirá dar a coñecer todos os traballos realizados nas últimas semanas para o adecentamento do entorno. Incluiron tarefas de limpeza, desbroce e instalación de pasarelas de madeira para mellorar os accesos e a seguridade da zona. Xa no outono organizaránse visitas guiadas aos muiños do Batán, Castro das Croas, Misión Biolóxica ou estacións de arte rupestre.
ÿ a primeira fase dunha actuación máis ambiciosa que se acometerá nos vindeiros meses e que se completará tamén coa rehabilitación dos propios muiños. A reforma non correrá a cargo do Concello, senón que durante as últimas semanas o Goberno local, comuneiros e veciños reuníronse cos donos das construccións e serán os propios residentes en Salcedo os que se farán cargo dos traballos. No entorno hai tres muiños, dos que tres están na zona central e un deles ten ata 40 donos distintos.
Os terreos pertencen á comunidade de montes de Salcedo, que aprobou a cesión ao concello para desenvolver o proxecto. Os muiños son de propiedade privada, e existe o compromiso dos propietarios de restauralos, polo que os traballos comezarán nas vindeiras semanas.
O investimento municipal nesta fase da restauración ascende a 58.000 euros, se ben o investimento total previsto en 2013 e 2014 é de 166.743 euros, para o que se solicitou unha axuda ao programa Leader através do GDR Pontevedra Morrazo. Consistirán na excavación do Castro das Croas, o desenvolvemento de web e audioguías, a sinaléctica dos principais elementos do patrimonio da parroquia e a elaboración de roteiros temáticos do patrimonio material e inmaterial.