Detectados 24 novos contaxios de covid nunha xornada con máis dun milleiro de probas PCR realizadas
Por Diego Espiño
Os casos activos de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés seguen á alza este domingo 11 de abril, segundo reflicte o balance actualizado ás 10.00 horas polo Servizo Galego de Saúde.
No que respecta ao área pontevedresa as infeccións activas sitúanse nas 315, o que supón un incremento de 13 casos nas últimas horas.
O número de contaxios detectados é máis elevado, 24, nunha xornada na que se dispararon as probas PCR realizadas con ata 1.117 test. Pola súa banda 11 pacientes recibiron o alta epidemiolóxica, o que atenúa o incremento de casos activos.
Tamén sobe a ocupación da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo, con tres afectados evolucionando nas súas instalacións, aínda que descende o número total de hospitalizados debido a que os ingresos en planta baixan a 17 (tres menos), repartidos entre o Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (15) e o Hospital do Salnés (2).
Desde o inicio da pandemia superaron a infección 12.537 persoas na área sanitaria, rexistrándose 168 falecementos de pacientes con positivo activo en covid.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico a incidencia sobe lixeiramente este domingo con 2.305 casos activos, o que supón 19 máis. Deles 616 son da área da Coruña (+10), 158 da de Lugo (-2), 176 da de Ourense (+3), 315 da de Pontevedra, 614 da área de Vigo (-11), 357 da de Santiago (+8) e 69 da de Ferrol (-2).
De total de persoas infectadas, 27 están na UCI (dúas máis) e 145 en unidades de hospitalización (tres máis). Ata a data en Galicia rexistráronse 2.368 falecementos asociados ao virus, sen cambios nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Os novos contaxios por covid na área sanitaria dispáranse ata os 40 e os casos activos soben a 357
Por Diego Espiño |
-
A semana iníciase na área sanitaria con 30 novos contaxios de covid e 327 casos activos
Por Diego Espiño |
-
A área sanitaria volve superar os 300 casos activos de covid case un mes despois
Por Diego Espiño |
-
O nivel máximo de alerta mantense no Grove e seis concellos da área sanitaria soben ao nivel medio
Por Redacción |
-
Os casos activos por covid-19 sitúanse en 289, tras rexistrarse 28 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
Novo repunte de contaxios na área sanitaria: detectan 36 positivos por covid-19 nun día
Por Redacción | Creada e actualizada