Completada a reparación da pasarela voladiza do Paseo da Calzada
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas completou a mellora da ponte voladiza de madeira do Paseo da Calzada, que este ano resultara moi deteriorada polas enchentes do río Verdugo.
Os traballos consistiron na retirada dos listóns de madeira que estaban deteriorados e a reposición das vigas inferiores danadas.
Por outra banda, están xa encargadas as farolas e o material eléctrico necesario para reparar todas as luminarias do Paseo que se viron afectadas polas crecidas deste ano.
Foron varias as que caíron a causa do desbordamento do río e outras que quedaron moi danadas e necesitan ser reparadas para o seu funcionamento.
Este ano as labores de mantemento do Paseo da Calzada están a extenderse máis do previsto, pois os desperfectos ocasionados polas crecidas foron máis cuantiosos que en anos anteriores.
Dende o Goberno local sinalan que "a maioría dos danos deste ano foron provocados pola arboreda que cae ó río e baixa con forza e agresividade, cuestión que non tería acontecido se a Xunta de Galicia fixese a súa labor e non tivese completamente abandonados os cauces dos ríos".