A recuperación dos petróglifos da Tomba, a 'guinda' do novo parque forestal
Por Alejandro Espiño
Hai uns tres anos uns traballos de mantemento no monte da Tomba, no límite entre Campañó e Poio, descubriron a existencia dun conxunto de petróglifos. Agora, todo este patrimonio converterase nun dos grandes atractivos do novo parque forestal.
Dentro das súas 62 hectáreas estes petróglifos serán todo un "valor engadido", segundo destacou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, para o goce dun espazo natural situado a apenas 4 quilómetros do centro da cidade.
Este xacemento, segundo os investigadores, ten unha antigüidade duns 4.000 anos. Está sobre unha formación rochosa na que, apuntan os primeiros estudos, aparecen círculos concéntricos, cazoletas e tamén varias imaxes con forma de animal.
Os arqueolóxicos están, nestes momentos, documentando todos os petróglifos e realizando un levantamento 3D para estudalo con detalle. O conxunto quedará valado perimetralmente e contará con paneis explicativos e didácticos, para dar a coñecer este patrimonio.
Ademais, outro dos grandes atractivos do parque da Tomba son os dous miradoiros que se habilitaron e que ofrecen unha ampla panorámica da cidade de Pontevedra. A un deles, situado a uns 170 metros sobre o nivel do mar, só pódese chegar a pé.
En total, nas 62 hectáreas do parque forestal plantáronse uns 9.000 castiñeiros, 5.000 exemplares doutras especies autóctonas, maioritariamente carballos, e unhas 4.500 oliveiras. "Xa están a brotar", destacou o alcalde. En tres ou catro anos, terán gran porte.
Este traballo de plantación completouse coa retirada de todas as especies invasoras do monte, entre elas eucaliptos e acacias. Ademais, habilitáronse 17 quilómetros de sendas, das que tan só un quilómetro será de acceso rodado.
Para manter este parque en condicións óptimas, o Concello contratará un servizo que se encargará non só da Tomba, proxecto executado por Elsamex e no que se investiron máis de 400.000 euros. Tamén se incluirá o parque da Fracha e o do Pontillón do Castro.
Relacionadas:
-
Animan os pontevedreses a sacar o seu "espírito montuno" e gozar dos parques forestais
Por Alejandro Espiño |
-
Actos vandálicos nos Parques Forestais da Tomba e da Fracha
Por Redacción |
-
Atentan contra dous dos petróglifos senlleiros de Campo Lameiro
Por Redacción |
-
Os tres parques forestais de Pontevedra contarán cun mantemento sistematizado
Por Redacción |
-
Documentan un novo gravado rupestre achado en Cerdedo
Por Redacción |
-
O parque forestal da Fracha estará habilitado en abril
Por Redacción |
-
Denuncian danos nos petroglifos do Parque da Tomba polo paso de motos
Por Redacción |
-
Plantación de oliveiras na Tomba para obter aceite 'made in' Pontevedra
Por Redacción |
-
O Parque forestal da Tomba estará rematado a final de ano
Por Redacción |