As hospitalizacións por covid caen lentamente na área sanitaria, con 230 casos activos
Por Diego Espiño
A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés conta este martes 16 de marzo con 230 casos activos de coronavirus, o que supón 14 menos que a xornada anterior, segundo a actualización oficial de datos realizada ás 10.00 horas da mañá polo Servizo Galego de Saúde.
Esta redución prodúcese debido ás 22 altas epidemiolóxicas dadas, que supera aos 8 novos contaxios detectados.
Nesta ocasión esta redución déixase notar levemente na presión hospitalaria, con tres pacientes positivos por covid menos ingresados nos centros sanitarios pontevedreses. En total seguen sendo 22 as persoas ingresadas, das que 7 evolucionan na Unidade de Coidados Intensivos de Montecelo e o resto fano en planta repartidos entre Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (11) e o Hospital do Salnés (4).
Desde o inicio da pandemia superaron a covid 12.173 persoas na área sanitaria, onde se contabilizaron 160 falecementos de persoas con positivo activo.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 306 que se engaden ás 175.478 efectuadas con anterioridade.
DATOS DE GALICIA
A nivel autonómico este martes 16 de marzo Galicia conta con 2.685 casos activos de coronavirus.
Onde existe maior redución é nos ingresos en UCI, que pasan a ser de 65 (nove menos), con 248 persoas ingresadas en planta. Na comunidade faleceron 2.303 persoas con covid, ao sumarse tres mortes nas últimas horas.
Relacionadas:
-
Dous hospitalizados menos por covid na área sanitaria, con 11 ingresados en planta e 7 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |
-
Bares e restaurantes poderán abrir ata as 21:00 horas e terán máis aforamento
Por Alejandro Espiño |
-
O ritmo na baixada nos casos activos de covid fréase na área sanitaria, con 20 hospitalizados
Por Diego Espiño |
-
O Hospital Montecelo suma unha nova vítima pola covid, un home de 85 anos
Por Redacción |
-
Os casos activos por covid-19 baixan a 244, dos que 25 siguen hospitalizados
Por Alejandro Espiño |
-
A Área Sanitaria baixa dos 300 casos activos de covid por primeira vez desde principios de setembro
Por Diego Espiño |
-
Unha paciente de 94 anos, vítima 160 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción |
-
As hospitalizacións de persoas positivas en covid baixan a 26 na área sanitaria, con 8 pacientes na UCI
Por Diego Espiño |