Un home de 78 anos, vítima 159 do coronavirus na área sanitaria
Por Redacción
A vítima 159 provocada polo coronavirus na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é un home de 78 anos que perdía a vida este domingo no Hospital Montecelo. A Consellería de Sanidade notificaba a súa morte este luns, indicando que o paciente contaba con outras enfermidades previas antes de contaxiarse de covid-19.
Desde o inicio do plan de continxencia desta enfermidade, na área sanitaria curáronse 11.659 pacientes, 38 máis nas últimas 24 horas, segundo os datos ofrecidos polo Servizo Galego de Saúde.
Nesa xornada do domingo faleceron outras dúas persoas en Galicia. Trátase de dúas mulleres, unha de 74 anos e outra de 85, que falecían no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago e no Hospital Lucus Augusti de Lugo respectivamente. Nestes dous casos tamén constaban patoloxías previas nos seus historiais médicos.
Con estas tres mortes, Galicia chega aos 2.278 decesos provocados pola pandemia. A Consellería de Sanidade non notificou o número de mortes que se rexistraron ao longo deste luns 8 de marzo.
Relacionadas:
-
Aumentan a 32 os hospitalizados por covid-19 mentres os casos activos baixan ata 419
Por Alejandro Espiño |
-
Soutomaior, Ponte Caldelas, Vilanova de Arousa e Cambados quedan en nivel alto de restricións, tras o comité clínico
Por Redacción |
-
Os pacientes na UCI volven a ser 9 nunha área sanitaria con 442 casos activos pola covid-19
Por Alejandro Espiño |
-
RADIO.- "Temos que manter e con maior rixidez as medidas que nos protexen: distancia social e máscara"
Por Marisa Ciordia |
-
A incidencia acumulada da covid descende na Boa Vila por baixo de cen casos
Por Redacción |
-
Trinta hospitalizados, oito deles críticos, entre os 457 casos activos por covid-19 en Pontevedra e O Salnés
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra baixa ata os 113 casos activos e Marín, único concello que crece, ata os 54 contaxiados
Por Alejandro Espiño |