A Deputación retira da súa sede o busto do rei emérito
Por Oskar Viéitez
O busto do rei emérito Juan Carlos I foi retirado da sede da Deputación de Pontevedra.
A escultura do ex monarca presidía desde hai anos as escaleiras do Pazo Provincial, sede da Deputación na cidade de Pontevedra. Xunto á talla lembrábase o nomeamento de Juan Carlos I como "Presidente Perpetuo" da Deputación. Un acordo adoptado polo Pleno da Corporación do 21 de febreiro de 1980.
Diante da ausencia do busto a deputada do Partido Popular, Pepa Pardo preguntou durante o Pleno deste venres á presidenta da Deputación, Carmela Silva que informou que no lugar que ocupaba o busto colocarase outra obra sobre temática feminina e feita por unha escultora.
A presidenta da Deputación sinalou que había "demasiada presenza masculina" nesta institución.
A mandataria socialista é a primeira muller en Galicia en ocupar este alto cargo, unha circunstancia que se fai especialmente rechamante na sala de comisións da institución pontevedresa de cuxas paredes colgan os retratos de todos os homes que presidiron a Deputación nos seus 185 anos de historia, entre eles Mariano Rajoy.
Relacionadas:
-
Rebeca Quintáns: "Franco deixou ao rei Juan Carlos como garantía de que non se ían xulgar os crimes do franquismo"
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
A escultura de Soledad Penalta xa substitúe ao Rei Emérito na Deputación
Por Mónica Patxot & María José Pita |
-
Un particular recorre a retirada de Juan Carlos I do rueiro de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Juan Carlos I, expulsado do rueiro de Pontevedra: "É un acto de xustiza, decencia e hixiene democrática"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Non haberá rastro de Juan Carlos I no rueiro de Pontevedra a partir de febreiro
Por Alejandro Espiño |