Cambian de sitio o paso de peóns de Santa Margarida para protexer o carballo
Por Redacción
Contribuír á conservación do carballo de Santa Margarida. É o obxectivo dos traballos que se están a executar na súa contorna e que suporán cambiar de localización o paso de peóns sobreelevado que hai nas inmediacións da capela.
A actuación, que está sendo levada a cabo pola empresa COVSA, consiste en trasladar este elemento de redución da velocidade uns 25 metros máis arriba de onde estaba situado.
A obra quedará rematada no día de hoxe, se ben o pintado quedará pendente para vindeiros días, en función das condicións meteorolóxicas.
Este traslado obedece a que os vehículos pesados, por mor da súa altura, ao pasar polo paso de peóns sobreelevado producían rozamentos nas pólas da árbore, posto que estaba situado xusto debaixo dunha parte da copa do carballo.
Ao cambiar de lugar, evítase o posible deterioro deste exemplar catalogado.
Relacionadas:
-
O Concello apoia a candidatura do carballo de Santa Margarida a Árbol Europeo do Ano 2023
Por Redacción |
-
O carballo de Santa Margarida necesita a túa axuda: quere ser Árbore Europea do Ano 2023
Por Alejandro Espiño |
-
O Carballo de Santa Margarida, nas mans dos 'doutores' do Areeiro
Por Redacción |
-
Alertan que o ataque dun fungo ao Carballo de Santa Margarida pode provocar a súa morte "en poucos meses"
Por Redacción |