Alertan dos problemas da vacinación a maiores de 80 anos: falta de transporte, 30 euros de taxi ou dependencia
Por Oskar Viéitez
O alcalde da Lama, Jorge Canda Martínez, dirixiuse aos responsables do Sergas co fin de poder habilitar o centro de saúde lamense como punto de dispensado das vacinas para a poboación maior de 80 anos deste concello que ten graves e reais problemas de mobilidade e desprazamento ata outros municipios limítrofes para facer efectivo este proceso de inmunización.
Coma Canda outros alcaldes da área sanitaria alertaron da necesidade de dar unha resposta axeitada para aquelas persoas que teñen serios problemas de mobilidade e que se atopan con falla de transporte público para poder achegarse ata concellos veciños onde se establecen os puntos de vacinación.
No caso da Lama hai empadroadas 312 persoas maiores de 80 anos. O rexedor lembrou que este municipio ten unha gran extensión e poboación que se atopa moi dispersa, nalgún casos distante do propio centro de saúde de máis de 20 quilómetros que fan moi difícil a mobilización da xente ante un operativo destas características planificado para trasladarse a outro municipio.
Canda lembrou tamén que a falla de liña de transporte que percorran estes lugares fan que moitas persoas teñan que recurrir ao taxi para desprazarse ata o centro de saúde de referencia para esta vacinación cun custe, nalgún caso, que ronda os 30 euros.
Tamén os socialistas de Cerdedo Cotobade pediron unha planificación executada ó 100% dos traslados a Cerdedo de persoas que viven soas, "con medios de transporte estériles e seguros".
"Hai que ter presente a situación das persoas que están encamadas, con dependencia e que se ven impedidas para facer por conta propia ou mesmo asistido este desprazamento ata un concello veciño", engaden.
Relacionadas:
-
Reactivan o servizo de auxilio a domicilio as 24 horas para emerxencias vinculadas a persoas maiores
Por Redacción |
-
Os maiores de 80 empezan a inmunizarse: "Vacunarse es imprescindible, ya no por uno, sino por los demás"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
A prisión da Lama empeza a inmunizarse: unha sanitaria, primeira funcionaria en vacinarse
Por Natalia Puga |
-
Os maiores de 80 anos, comezando polos apelidos con H, recibirán a vacina a partir do próximo luns
Por Alejandro Espiño |