O Consello da Xunta nomea a Luis López como delegado territorial en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
O Consello da Xunta aprobou este xoves o decreto polo que se dispón o nomeamento de Luís López Diéguez como novo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, en substitución de Luisa Piñeiro Castro, que presentou a súa renuncia ao cargo tras ser condenada a dous anos de cárcere e oito de inhabilitación por cooperadora necesaria dos delitos de prevaricación e fraude.
Luis López Diéguez naceu no concello de Rodeiro, onde foi alcalde ata a data.
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, desenvolveu o seu labor profesional na empresa privada como técnico de organización.
Alcalde de Rodeiro desde o ano 2011, cargo que revalidou con maiorías absolutas en 2015 e 2019. Desde 2019 tamén foi deputado provincial na Deputación de Pontevedra onde se espera que o seu escano sexa ocupado polo portavoz municipal dos populares silledenses, Ignacio Maril, que figuraba como posible substituto.
Luis López, coñecido polo alcume familiar de ‘Lugués’, presidiu a Mancomunidade Terras do Deza entre 2011 e 2019. Entre 2003 e 2007 foi concelleiro de Educación, Cultura e Deportes en Rodeiro.
Relacionadas:
-
A Xunta licitará esta primavera a senda de Corón, en Vilanova de Arousa
Por Redacción |
-
O escenario "moi complicado" da pandemia, principal reto de Luís López como novo delegado da Xunta en Pontevedra
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O alcalde de Rodeiro, rumbo á delegación da Xunta en Pontevedra
Por Redacción |
-
Luisa Piñeiro dimite como delegada da Xunta: "Non quero prexudicar á institución que represento"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Rafael Louzán e Luisa Piñeiro, condenados a dous anos de prisión e oito de inhabilitación por prevaricación e fraude
Por Natalia Puga | Creada e actualizada