Sanidade notifica 37 vítimas máis de covid en Galicia, dúas delas no Hospital Montecelo
Por Redacción
Dúas novas persoas súmanse á lista de decesos na área sanitarIa de Pontevedra e O Salnés como consecuencia da enfermidade da covid-19. A Consellería de Sanidade notificaba a perda dun home de 78 anos, que falecía este martes 2, e unha muller de 95 que perdía a vida este mércores. Ambos no Hospital Montecelo e con cadros clínicos nos que figuraban enfermidades previas.
A cifra de persoas mortas desde o inicio da pandemia nesta área sanitaria é de 119, cunha semana na que se seguen producindo numerosas vítimas, as dous anteriores foran un home de 74 anos en Montecelo e un home de 89 no Hospital do Salnés.
37 MORTES EN GALICIA
A Consellería de Sanidade notificaba este mércores 37 novas mortes causadas polo coronavirus. Neste caso, como vén sucedendo nas últimas semanas, ofrécense datos de persoas falecidas, nalgúns casos, bastantes días antes desta data. Segundo indican desde a Consellería, estes datos ofrécense cando Saúde Pública confirma que as mortes se derivan da enfermidade de covid-19.
Desta forma, o Servizo Galego de Saúde indica que o día 22 de xaneiro morría un home de 93 anos, na residencia Paz e Ben de Tui. O día 28 de xaneiro un home de 77 falecía no seu domicilio no municipio de Tui, pertencente ao área sanitaria de Vigo.
O día 30, un home de 87 morría na residencia Nosa Sra. do Carmen de Sarria e o 31, unha muller de 92 anos no HM A Rosaleda-A Esperanza de Santiago de Compostela.
O martes 2 de febreiro, día en que se comunicaron oito falecementos en Galicia, perderon a vida 17 persoas máis, entre as que se atopa o home de 78 anos en Montecelo. A este caso súmanse seis pacientes no Complexo Hospitalario da Coruña con idades comprendidas entre os 80 e os 93 anos; unha muller de 92 anos no Hospital Lucus Augusti, procedente da residencia Nosa Sra. do Carmen de Sarria; tres homes de máis de 70 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol; dous homes, de 72 e 89 anos, no Complexo Hospitalario de Santiago; un home de 75 e unha muller de 77 anos no Complexo Hospitalario de Ourense; unha muller de 84 anos no Hospital da Mariña, procedente da residencia Asilo de Ribadeo e unha muller de 55 anos, falecida na residencia Pai Menni de Betanzos.
Este mércores 3 de febreiro, segundo a Consellería, as mortes producidas por covid-19 son oito. Ademais, da muller do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, falecían na provincia un home de 83 e outro de 72 anos no Hospital Álvaro Cunqueiro.
Na lista figuran tamén unha muller de 85 e un home de 91, mortos no Complexo Hospitalario de Santiago; tres homes de máis de 79 anos no Complexo Hospitalario de Ferrol, un procedente da residencia DomusVi Laraxe de Cabanas; tres mulleres e un home, todos maiores de 79 anos no Complexo Hospitalario de Ourense; e tres homes e unha muller, de 60, 73, 79 e 83 anos, falecidos no Complexo Hospitalario da Coruña.
Segundo o SERGAS, todas as vítimas contaban con patoloxías previas nos seus historiais médicos. Galicia suma xa 1880 mortes causadas por esta enfermidade desde que se iniciou o reconto de perdas causadas pola pandemia nos hospitais e centros residenciais da comunidade.
Relacionadas:
-
Cinco novas mortes por covid en Montecelo e Galicia eleva a 1910 os falecementos pola pandemia
Por Redacción |
-
Poio reduce en 58 os seus casos activos por covid-19 e Pontevedra sobe ata os 615
Por Alejandro Espiño & Redacción |
-
2.613 casos activos e 140 hospitalizados pola covid-19 na área sanitaria, tras 115 novos contaxios
Por Alejandro Espiño |
-
As farmacias de Pontevedra poñen en marcha un cribado poboacional pioneiro
Por Oskar Viéitez |
-
A evolución da pandemia permite á Xunta "ser lixeiramente optimistas, pero non triunfalistas"
Por Oskar Viéitez |
-
Respiro nas hospitalizacións pero non nos contaxios, con 179 máis na área sanitaria
Por Alejandro Espiño |
-
Dúas vítimas máis na área sanitaria por covid-19, dous homes de 74 e 86 anos en Montecelo e O Salnés
Por Redacción |