A vítima 89 por covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés é unha muller de 91 anos, falecida en Montecelo
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido
Unha muller de 91 anos falecida durante as últimas horas convértese na vítima 89 por covid-19 da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. A morte producíase no Hospital Montecelo de Pontevedra e, segundo a información facilitada este mércores 13 pola Consellería de Sanidade, a muller contaba cun historial clínico no que figuraban enfermidades previas.
A última morte ocasionada polo virus nesta área, ata esta xornada, produciuse o luns 11 co caso dunha muller de 87 anos, que falecía no seu domicilio particular no municipio de Pontevedra.
A Consellería de Sanidade notificou, ademais da morte rexistrada no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, outras cinco mortes máis en Galicia: unha muller de 84 anos, no Complexo Hospitalario da Coruña; outra muller de 88 anos, no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña; un home de 92 anos que perdía a vida nunha residencia de Pastoriza; un home de 86, que falecía no Hospital de Verín e outro home, que alcanzaba os 100 anos de idade, e que morría na residencia integrada Bo Día Sagunto de Vigo, procedente da residencia Moledo.
Segundo o Servizo Galego de Saúde, todas estas persoas presentaban historias clínicas con patoloxías previas. O número de falecementos, con estas seis novas mortes, en Galicia ascende a 1.480, desde que se notifican os decesos por coronavirus por parte das autoridades sanitarias da comunidade autónoma.
Relacionadas:
-
Un home de 66 anos, vítima 90 do coronavirus na área sanitaria de Pontevedra - O Salnés
Por Redacción |
-
Dous pacientes máis na UCI nunha xornada con 81 novos contaxios e 907 casos activos
Por Alejandro Espiño |
-
O ritmo de contaxios aumenta, con 85 nun só día e 60 pacientes no hospital
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra vía "previsibles" as novas restricións tras as medidas adoptadas no Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Sanidade prohibe as reunións de non conviventes a partir das 18 horas e adianta o toque de queda ás dez
Por Natalia Puga |
-
A covid-19 dispárase tras o Nadal na área sanitaria e provoca 60 brotes de contaxios en 10 días, a maioría familiares
Por Natalia Puga |