O PP presentará emendas ao orzamento do Estado para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia"
Por Oskar Viéitez
Os deputados nacionais do PP de Pontevedra rexistraron no Congreso emendas aos PGE para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia e non consentir o agravio ao que o Goberno de Pedro Sánchez quere sometela".
Por esta razón, presentaron un paquete de emendas "para combater de forma directa os efectos da pandemia", e reclaman "maior capacidade de xestión" para executar partidas cuxo contido xa quedou reflectido nos orzamentos aprobados polo PP en 2018.
"Neste momento é máis necesario que nunca unir forzas respecto a a capacidade de investimento que deben manexar as institución e en tratar de dar resposta aos problemas máis perentorios que se expoñen no 2021", sinala a deputada nacional María Ramallo.
Entre outras emendas, solicitan unha maior dotación nas partidas e execución do Nó de Bombeiros e tramos da circunvalación de Pontevedra, tamén reclaman unha "aposta clave e estratéxica" do Corredor Atlántico de mercadorías.
Ademais piden que a dotación dunha Unidade de Prevención e Reacción, "fundamental para dar apoio e servizo a Pontevedra cidade e a súa comarca".