Cruz Vermella recolle material escolar para facer a volta ao cole máis doada a familias con dificultades
Por Redacción
Pontevedra acollerá os próximos venres 6 e sábado 7 de setembro a quinta edición da Volta ao Cole Solidaria, unha iniciativa impulsada pola Fundación Solidariedade Carrefour en colaboración con Cruz Vermella Española co obxectivo de reducir o impacto económico que supón a adquisición de material escolar para familias con dificultades económicas.
Os hipermercados Carrefour en Pontevedra que participan neste programa son Pontevedra e Poio. En todos eles se instalará unha mesa atendida por voluntarios de Cruz Vermella Española que recollerán o material escolar (lapis, bolígrafos, cadernos, rotuladores, etc.) que doen os cidadáns.
Carrefour fará unha doazón directa de material escolar por valor de 121.000 euros, que se sumarán á cantidade entregada polos clientes. Unha vez concluída a recollida, Cruz Vermella Pontevedra encargarase de distribuír o material escolar entre menores e novos en situación de vulnerabilidade da provincia.