O Goberno destinará 55 millóns en 2021 a abaratar as peaxes na AP-9
Por Alejandro Espiño
Os orzamentos xerais do Estado para 2021 reservarán partidas por valor de 55 millóns de euros para abaratar o custo que teñen para os seus usuarios as peaxes da autoestrada AP-9.
O principal destino deste diñeiro, ata 50 millóns de euros, será para bonificacións en toda a autoestrada que, a falta de confirmación oficial, estarían destinadas aos usuarios habituais, os viaxeiros que no mesmo día fan viaxes de ida e volta.
O Goberno, en todo caso, aínda está a estudar a mellor fórmula para poder aplicar estas bonificacións nas peaxes desta vía de alta capacidade.
Outros 3,4 millóns de euros serán para suprimir a subida do 1,5% nas peaxes que estaba pactada para 2021 para financiar as obras de ampliación da ponte de Rande.
Por último, 1,5 millóns van empregar, previa aprobación dun real decreto, para suprimir a actual peaxe que pesa sobre todas as viaxes entre Vigo e Redondela.
A este diñeiro habería que sumar, ademais, os máis de 8 millóns que se consignan cada ano para sufragar a gratuidade de dous tramos da AP-9, Vigo-O Morrazo e A Coruña-A Barcala.
A ministra de Facenda, María José Montero, confirmou que este compromiso para rebaixar o custo da peaxe na AP-9 é consecuencia do acordo alcanzado co BNG para que os nacionalistas galegos apoiasen no seu día a investidura de Pedro Sánchez.
Relacionadas:
-
O BNG do Morrazo mobilízase para reclamar que o Goberno central libere a AP9
Por Redacción |
-
O PP presentará emendas ao orzamento do Estado para "garantir unha maior e mellor recuperación da provincia"
Por Oskar Viéitez |
-
Deputados e senadores do PP denuncian que os orzamentos xerais do Estado supoñen un retroceso para Pontevedra
Por Redacción |
-
O PSOE aplaude que os PGE 2021 atallan o "agravio" que sufría Pontevedra coa AP-9 e destinan un 30% máis de fondos á provincia
Por Redacción |
-
PGE 2021 | Lores ve "recollidos" os compromisos "amarrados" polo BNG e Domínguez considéraos "desilusionantes"
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
O antigo edificio de Facenda será a nova sede do Arquivo Histórico Provincial
Por Alejandro Espiño |