De que cor vestirías para acudir a unha entrevista de traballo?, identificas a morfoloxía corporal dos teus clientes para saber ofrecerlles o que resulta favorecedor?. Para cuestións como estas ten a resposta Sonia Felpete, asesora e coach de imaxe persoal, blogger e influencer.
Está a impartir masterclass e cursos online, a través da iniciativa #PonteLovers da concellería de Promoción Económica e Turismo. Unha formación gratuíta para o comercio local que se prolongará ata decembro. Ademais os particulares tamén poderán aprender a través de charlas dirixidas a público en xeral. En calquera caso as inscricións poden facerse en E-Ponte. com.
No tempo que comparte con PontevedraViva Radio rompe a idea predominante sobre algúns conceptos: "falar de imaxe non é falar unicamente de imaxe exterior, a imaxe tamén é interior; o mesmo que abordar o estilo, que é unha linguaxe", explica.
No Cara a cara coñecemos a traxectoria profesional de Sonia Felpete, fala de reinventarse, de éxito: "houbo un momento no que non estaba preparada; pero xa non, son quen son e teño isto para ofrecer. Atopei o meu para que"; de mulleres con 50 anos, de saber quen é un ou unha mesma, para poder falar falar de "estilo".