Durante o estado de alarma o Ministerio de Sanidade aprobou unha prórroga para aqueles vehículos que tivesen que pasar as correspondentes inspeccións técnicas de vehículos durante ese período excepcional. Unha medida que tamén conlevaba unha letra pequena: unha vez pasada a revisión pertinente, o prazo para a seguinte renovación corresponde á data de vencemento inicial.
A circunstancia conleva que os condutores teñan que pagar dúas veces a ITV en menos de doce meses se o vehículo ten máis de dez anos de antigüidade; ou dúas veces en menos de 24 meses se o vehículo ten menos de dez anos.
O presidente da AEA, Mario Arnaldo engade en PontevedraViva Radio que unha vez concluído o estado de alarma, o Goberno central aprobou unha lei na que ampliaba de novo os prazos da ITV para aqueles vehículos que debían pasala despois do 21 de xuño. E nestes casos repítese a situación: se hai unha demora ao realizar esa inspección, o cómputo que se aplica para a seguinte non ten en conta os meses transcorridos.
Arnaldo, recomenda no Cara a cara a quen se viu afectados pola primeira tesitura e ante as medidas cautelares do Tribunal Supremo, que reclamen por escrito ante a Consellería de Industria - no caso de Galicia -. Quen poida estar afectado pola segunda tesitura, ao tratarse dunha norma con rango de lei, están abocados por agora a pagar dúas veces a inspección nos prazos habituais.