Piden colaboración cidadá para dar co autor do envelenamento de gatos en Conde de Bugallal
Por Redacción
O colectivo Difusión Felina pide a colaboración da cidadanía para dar co autor do último episodio de envelenamento de gatos que tivo lugar esta semana na zona de Conde de Bugallal. Os voluntarios da asociación xa tomaron as accións legais pertinentes polo que piden axuda de posibles testemuñas.
Á petición uniuse este venres o Concello de Pontevedra a través do concelleiro de Benestar Animal Marcos Rey, que mostrou a súa "absoluta repulsa" ante este envelenamento ocorrido nunha colonia de gatos esterilizados.
Lembra o edil que est tipo de actos, ademais de "incívicos, crueis e inmorais, son actos delituosos no que dous animais perderon a vida despois de pasar por un calvario de dor e sufrimento".
Os traballadores desta concellería "van estar moi vixiantes para que estas accións inhumanas non se volvan a producir", sinalou Rey para advertir que "aqueles desalmados que as protagonicen pagarán caro por elas".
O Concello traballa coordinado con este colectivo para que as colonias felinas estean esterilizadas, controladas, ben alimentadas e que cumpran coas medidas pautadas por Medio Ambiente. Por ellono supoñen ningún tipo de perigo sanitario para outros animais ou persoas.
A colonia de Conde de Bugallal contaba con cinco gatos, dos que dous faleceron como consecuencia do emprego de veleno de caracol.