Frutas Moncho adquire unha segunda parcela no polígono de Barro
Por Oskar Viéitez
A Deputación de Pontevedra aprobou este venres en Xunta de Goberno a adxudicación dunha nova parcela do polígono de Barro, concretamente a A-19 á empresa Frutas Moncho S.L, que xa contaba con outro espazo no recinto.
A parcela, a quinta vendida no que vai de ano no polígono, conta cunha superficie de 2.279 metros cadrados e o prezo de venda ascende a máis de 273.000 euros.
En febreiro, xa foron adxudicadas 4 parcelas, cunha superficie total de 17.851 metros cadrados, ás empresas Mafari Café e Panaderías Acuña.
O vicepresidente da Deputación, César Mosquera destacou en rolda de prensa que o polígono de Barro conta a día de hoxe con 49 parcelas ocupadas ou reservadas das 76 que ten a instalación da Deputación de Pontevedra.
No que respecta aos espazos ocupados, o parque conta actualmente coa presenza de 20 empresas: Frutas Moncho, Distribucións Froiz, Caenor, EDF Solar, Gasóleos Xeve, Gescogra, Mariscos Alumar, González Cerqueiro, Hijos de Rivera, José B. González Villaverde, Novas Rías, Rafael Díaz Buceta, Balvalén, Áridos de Curro, TC Group Atlántico, Transfrío Rías Baixas SL, Artesa Rías Baixas, Estación de Servizo Low Cost, Mafari Café e Panaderías Acuña.
VI EDICIÓN COWORKING DE BARRO
En relación a Barro, o goberno provincial tamén aprobou a terceira addenda do convenio coa Escola de Organización Industrial para o desenvolvemento do coworking, a fin de levar a cabo a sexta edición deste programa de formación e titorización, que novamente será online por mor da pandemia.
En concreto, o VI coworking, para o que se pode solicitar praza na web da Deputación, estenderase ata a primavera de 2021 e dará cabida a 20 proxectos emprendedores da provincia en fase temperá de desenvolvemento ou creados recentemente. Neste eido, as iniciativas deben estar enmarcadas na dixitalización, a transición cara unha economía sustentable, aposta polo I+D+i e as novas tecnoloxías.
Relacionadas:
-
Transfrío recibe a licenza municipal para asentar o seu centro loxístico en Barro
Por Oskar Viéitez |
-
Fenosa inicia as obras para poder dar luz a todo Barro desde a subestación de Curro
Por Redacción |
-
Barro concede licencia de primeira ocupación para a nave de conxelados de Froiz
Por Redacción |
-
Optimismo na Deputación polo funcionamento do Polígono de Barro
Por Oskar Viéitez |